Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS DEU INICIO ÁS LABORES DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS COA POSTA EN MARCHA DA BRIGADA FORESTAL

Data de publicación: 
mércores, 3 Agosto, 2022 - 12:29

Barreiros, 3 de agosto de 2022. O Concello de Barreiros vén de poñer en funcionamento o servizo de prevención e extinción de incendios forestais, ao que se suma unha brigada forestal para xunto co persoal de motobomba, desenvolver estas labores durante tres meses. Serán así un total de oito persoas as encargadas de executar as labores no servizo de prevención de incendios forestais baixo a coordinación do distrito forestal.

O concelleiro de medio rural, Dámaso Ratoeira, visitou onte aos integrantes da mesma para comprobar in situ as labores de desbroces que xa comenzaron a realizar. O responsable municipal explica que “despois de moitos anos sen contar con brigada municipal conveniada coa Xunta de Galicia, o actual goberno tivo a posibilidade este ano de contar con este persoal fundamental na loita contra os incendios forestais.”

Ratoeira explicou que “nestes tres anos atrás tan só tivemos posibilidade de asinar adendas ao convenio que xa viña do goberno anterior, polo que só se contaba con persoal para a motobomba. Pero este ano, a Xunta permitiu a sinatura de novos convenios, no que solicitamos, ademais da motobomba, persoal de brigada.”

A alcaldesa, Ana Ermida, trasladou a necesidade de mellorar a contratación e a dispoñibilidade de recursos na loita contra os incendios forestais xa que, asegura, “é cada vez máis complicado para os concellos contar con persoal suficiente para a constitución das brigadas e, neste ano, produciuse ademais un retraso na sinatura dos convenios que fixo que nestes momentos os efectivos incorporados sexan moi escasos.”

Ermida sinalou que a coordinación entre administracións ten que ser fundamental en servizos deste tipo, mais os concellos non poden seguir asumindo a contratación de persoal que cada vez escasea máis e que dificulta enormemente a posta en marcha do servizo. “Esto vése claramente cando a día 3 de agosto hai menos de media ducia de concellos desta comarca co persoal incorporado.”

A alcaldesa non quixo esquecer tampouco a escaseza de medios materiais, como as motobombas, que impiden en moitos casos conveniar aos concellos; ao tratarse de vehículos moi antigos, con grandes avarías que penalizan aos municipios que deciden prestar este servizo, tendo que asumir os custos do servizo en caso de non esttar dipoñibles por avarías.

A brigada de Barreiros comezou a funcionar con 4 persoas e prevé a incorporación dunha quinta a mediados de mes, unha vez pasadas as probas e formación precisas.

Ademais destas cinco persoas de brigada, Barreiros conta con tres persoas que atenden a motobomba en horario de 7 da mañá a 11 da noite durante estes tres meses, segundo os cuadrantes validados polo correspondente distrito forestal.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
CAMPAMENTO DE VERÁN 2023
BARREIROS PRESENTA A PROGRAMACIÓN CULTURAL DE MAIO XUÑO E XULLO
O CONCELLO DE BARREIROS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TRABALLAR COMO SOCORRISTA NAS PRAIAS BARREIRENSES ESTE VERÁN
EN LICITACIÓN NOVOS ARRANXOS DE CAMIÑOS EN BARREIROS POR IMPORTE DE MÁIS DE 280.000 EUROS
DE COSME BARREIROS A SALVADOR LOURENZÁ

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte