Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros organízase en 8 parroquias:
Con 1015 habitantes, San Cosme de Barreiros, ademais da parroquia máis poboada é a capitalidade do Concello. Delimita ó norte co mar Cantábrico, ó leste coa parroquia de San Pedro, ó sur con Celeiro e Cabarcos e ó oeste co municipio de Foz.
Esta parroquia conta con 16 núcleos de poboación:
Anea - Áspera - Cruz do Lobo - Cruz Pequena - Eiras - Espiñeira - Merille - Pallares - Remior - Rúa da Ínsua - Rúa da Praia - Rúa Nova - Rúa Vila - San Bartolo - Viladaíde - Vilar
Con 417 veciños e veciñas, San Pedro de Benquerencia é o terceiro núcleo de poboación de Barreiros. Delimita ó norte co Mar Cantábrico, que baña, neste caso as praias de Lóngara, Fontela-Balea e parte de Coto; ó leste coa parroquia de San Miguel, ó oeste con San Cosme e ó sur con Cabarcos.
Esta parroquia conta con 14 núcleos de poboación:
Abadía - Abelleira - Agolada - Armilo - Canteiro - Cortiñas - Escanlar - A Estrada - Pedregás - Pena - Picota - Rego de Molido - Sarxendez - Suaigrexa
Con 648 habitantes convértese no segundo núcleo de poboación do municipio. Delimita ó norte co mar Cantábrico, chegando a el a través da praia da Pasada e parte de Arealonga; ó oeste coa parroquia de Reinante, ó leste coa parroquia de San Pedro e ó sur co municipio de Ribadeo.
Esta parroquia conta con 20 núcleos de poboación:
Áspera - Barranca - Campos - Casaldeite - O Curro - Entrerríos - A Ferrería - Granda - Martices - Nogueiredo - Obra Pía - Outeiro - Pasadas - Pumarín - Pumarrubín - Sarxende - Souto - Tilleira - Triana - Valgas
A parroquia de Santiago de Reinante conta con 141 habitantes. Ó norte aproxímase ó mar Cantábrico a través da praia de Arealonga, mentres que ó oeste delimita con San Miguel, e ó sur e ó leste co Concello de Ribadeo.
Esta parroquia conta con 7 núcleos de poboación:
O Barreiro - A Barrosa - A Cruz - O Foro - A Proída - A Torre - Vista Alegre
A parroquia de Celeiro de Mariñaos ten 179 habitantes. Delimita ó norte coa parroquia de San Cosme e o municipio de Foz, ó sueste coas parroquias de San Xusto de Cabarcos e San Xulián de Cabarcos, e ó suroestes co Concello de Lourenzá.
Esta parroquia conta con 5 núcleos de poboación:
O Barral - Carballo Branco - Rexa - As Saíñas - Xunto á Igrexa
A parroquia de San Xusto conta con 229 habitantes. Delimita ó noroeste con Celeiro de Mariñaos, ó nordés con Cabarcos e ó sur cos concellos de Lourenzá e Trabada.
Nesta parroquia existen 14 núcleos de poboación:
Aldea - Calzada - Couto - Curveiro - Fixoucos - Ibia - Igrexa - Morteiro - Novás - Rigueira - San Paio - Seixo da Veiga - Val do Caínzo - Vilamar
Con 324 habitantes é a parroquia máis poboada do interior do municipio. Delimita ó norte con San Cosme, San Pedro e San Miguel; ó noroeste con Celeiro de Mariñaos, ó oeste con San Xusto e ó sueste con Vilamartín Pequeno e o Concello de Trabada.
Nesta parroquia existen 12 núcleos de poboación:
O Couto - Fixoucos - Gondán - A Insua - Ladrido - Matomaior - A Pedreira - Pedrido - A Rilleira - Seoane - O Teixo - Vilamartín Grande
A parroquia de Vilamartín Pequeno conta con 47 habitantes e delimita ó noroeste con Cabarcos, ó leste co Concello de Ribadeo e ó sur co Concello de Trabada.
Nesta parroquia existen 6 núcleos de poboación:
A Aguá - A Aldea de Baixo - A Aldea de Riba - A Cabana da Vella - As Cabanas - A Regueira