Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O I Plan de Igualdade de Xénero para o cadro de persoal representa unha vontade real de traballar de forma planificada e sistematizada para incorporar a perspectiva de xénero na xestión pública municipal. Este é o primeiro paso para medrar na dimensión interna da política local, máis concretamente na incorporación da mirada violeta na nosa cultura organizativa. O proceso para elaborar este Plan consistiu nunha revisión exhaustiva da xestión dos recursos humanos: a selección, o acceso, a promoción, a política salarial, a formación, as condicións laborais, a saúde laboral, a prevención do acoso sexual ou por razón de sexo, a ordenación do tempo de traballo, a conciliación e a corresponsabilidade. Necesitabamos traballar para facer realidade a igualdade efectiva de oportunidades entre as traballadoras e traballadores do Concello.
DESCARGAR
I Plan de Igualdade de Xénero para o cadro de persoal
i_plan_igualdade.pdf
febreiro 2022
Todas as traballadoras e os traballadores temos dereito a ser tratadas/os con dignidade. En virtude deste dereito, o Concello de Barreiros e a representación do persoal, comprometémonos a crear, manter e protexer con todas as medidas dispoñibles, un contorno laboral onde se respecte a dignidade e a liberdade afectivosexual do conxunto de persoas que traballan no seu seo.
DESCARGAR
Protocolo de acoso do Concello de Barreiros
protocolo_acoso_Concello_de_barreiros.pdf
marzo 2026