Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS PRESENTA ALEGACIÓNS FRONTE AO PARQUE EÓLICO BARREIROS I

Data de publicación: 
xoves, 18 Abril, 2024 - 09:14

O Concello sinala o incumprimento de normas técnicas e urbanísticas, ademais da afectación a actividades existentes na zona como a gandeira ou ao propio Camiño de Santiago.

O Concello de Barreiros vén de presentar as alegacións municipais ao parque eólico Barreiros I, no que se incumpren criterios técnicos e urbanísticos.

As alegacións municipais baseánse nestes incumprimentos manifestados no informe técnico municipal, pero tamén en cuestións de calado xeral como o fraccionamento continuo de proxectos que impiden unha avaliación do impacto ambiental real e adecuada as dimensións dos proxectos no seu conxunto.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, solicita a paralización da tramitación do parque eólico a espera dunha coordinación da planificación existente; xa que, asegura “a voracidade de empresas promotoras de proxectos eólicos supera a capacidade técnica e administrativa municipal e vémonos envoltos nun procedemento no que somos unha mínima parte con moi escasa capacidade de decisión.”

Advirten, igualmente, da necesidade de coordinación entre as Administracións e dunha planificación que reverta nos propios municipios, lonxe de proxectos puramente mercantís como os que se están a tramitar ante as administracións autonómica e estatal.

Neste caso, ademais, a colocación dos muíños tal e como se contempla no proxecto exposto incumpre mesmo as distancias a núcleos de poboación e contempla actuacións, como a apertura de viarios en zona de concentración parcelaria que “implicaría a división da propiedade inicialmente concentrada para dar sostén a actividade agraria e en base á cal se teñen dimensionado as explotacións”, afectando de xeito evidente a unha actividade agraria sostén da zona na que se insiren.

Outra das cuestións recollidas nas alegacións é a afectación ao Camiño de Santiago, que discorre polos núcleos afectados e que se verá claramente afectado polos impactos derivados da posible ubicación dos eólicos.

O Concello de Barreiro xa ten presentadas tamén alegacións ao parque eólico Barreiros III, no que se contempla a colocación de dous aeroxeradores na ladeira do Monte Comado.


Documentos

 Alegacións presentadas polo Concello de Barreiros ao Parque eólico Barreiros I

 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS CLAUSURA O PROGRAMA ACTIVAMENTE CUNHA COMIDA DE CONFRATERNIDADE
TALLERES PARA APRENDER A ELABORAR XABÓNS E VELAS NATURAIS
BARREIROS ACOLLE DÚAS PROBAS PARA A CERTIFICACIÓN COMDIX NA AULA CEMIT
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PARTICIPAR NO PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS
BARREIROS DÁ COMEZO AO SERVIZO DE SALVAMENTO E SOCORRISMO

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte