O Concello de Barreiros dispón dun Punto de Información Catastral, situado no propio edifico consistorial, e dende o cal se lles permite ós veciños e veciñas acceder á información catastral xestionada polo Concello.
Servizos que se ofrecen:
- Información de carácter xeral e particular de inmobles.
- Asesoramento sobre obrigas co Catastro.
- Notificación por comparecencia en procedementos catastrais.
- Servizo de consulta libre e certificación de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativos ós inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ó propio solicitante.