Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación do Concello e previr a desigualdade dos cidadáns e das cidadás. A través deles favorecemos a participación e o libre desenvolvemento das persoas, dos grupos e da sociedade e o fomento do desenvolvemento comunitario.
Son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais. Ofrecen un servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita, de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
Valóranse as necesidades expostas, oriéntase ós recursos máis axeitados, intervindo profesionalmente cando as persoas así o demandan, de cara a garantir unha atención persoal e social de calidade.
Os servizos sociais comunitarios básicos desenvolven as súas funcións, de maneira estruturada, por medio dos seguintes programas e servizos:
Os Servizos Sociais están integrados por un equipo de profesionais formado por unha Traballadora Social, unha Educadora Familiar, unha Auxiliar Administrativo e dezanove Auxiliares de Axuda no Fogar.