Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

Camiño Norte de Santiago

O tramo do Camiño Norte de Santiago que transcorre por Barreiros entra no municipio por Vilamartín Pequeno, un enclave desde o que se divisa un terreo abundante en pastos e gando. Trátase dun pequeno val surcado polo río Porto Bragán. Nesta fase pode visitarse a Igrexa Parroquial, na honra de San Xoán Degolado.

Cruzando o río, comeza unha empinada costa que conduce a Vilamartín Grande, quedando á man esquerda a Capela do Carme, mentres que á dereita do camiño quedan o teleclub e a antiga escola, lado no que tamén se atopan as igrexas de Gondán e San Xusto.

Seguindo o camiño, antes de baixar a Gondán, o alto de Vilamartín Grande pode servir ó peregrino de mirador, dende onde se divisa unha perspectiva do Val de Cabarcos.

Xa en Gondán (onde hai un albergue para peregrinos), atópase unha pequena capela, na honra da Virxe do Pilar, e ó lado unha fonte onde o peregrino pode saciar a súa sede, coñecida como a fonte de Cimadevila.

Logo, o camiño descende ata San Xusto. Cruzando o río Puxigo, atópase un cruceiro en recordo á capela do Bo Suceso, destruída en 1984, así como a Igrexa Parroquial.

O peregrino deixa Barreiros pasando por unha zona de bosques que o leva ata o municipio de Lourenzá, onde atoparán o Mosteiro de San Salvador.

Da importancia deste Camiño Norte ou Camiño Real, temos a testemuña da existencia de dúas pousadas: A Casa de Veiga do Camiño Real e a pousada de Inocente do Curbeiro en San Xusto.

 

TRAXECTO:

Vilamartín Pequeno→ S. Xulián de Cabarcos (barrios de Vilamartín Grande e Gondán) → S. Xusto → Lourenzá

 

QUILÓMETROS DE PERCORRIDO:

9 Km

 

ÉPOCA IDEAL:

Calquera do ano.

 

DIFICULTADE:

Baixa, ideal para facer a pé e en bicicleta de montaña.

 

SITIOS DE INTERESE:

Igrexa Parroquial de Vilamartín Pequeno, Capela do Carme (Vilamartín Grande), Capela do Pilar (Gondán), Igrexa Parroquial de San Xusto de Cabarcos, antiga pousada da Casa de Veiga do Camiño Real en Salgueiros (Gondán), o cruceiro en recordo da Capela do Bo Suceso (San Xusto).

 

FAUNA:

Raposo, xabaril, corzo, esquíos, pombos…

 

VEXETACIÓN:

Pradeiras e terras de cultivo, arboredas de piñeiros e eucaliptos.

Arquivos: 
GPX - Concello de Barreiros - Ruta del Camino Norte
Guía - Concello de Barreiros - Ruta do Camiño Norte

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte