Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

Praias de Barreiros

O Concello de Barreiros conta con 9 praias repartidas nos seus máis de 8 Km de costa.

Punta da Anguieira

No interior da ría do Masma atópase este prácido areal. Ten unha lonxitude de 250 metros e unha anchura entre 10 e 45 metros. Na súa parte esquerda dispón dunha rampla para botadura de embarcacións, utilizable en marea alta.

As praia de San Bartolo, Altar e Anguieira atópanse dentro da Zona Especial de Protección para as Aves (ZEPA) ría de Foz – Masma, espazo reservado para a conservación de aves ameazadas de extinción. Están catalogadas 200 especies de aves.

Praia de Altar

Praia de 1100 metros de longo e cunha anchura entre 50 e 140 metros, en función da marea. Encóntrase situada na desembocadura do río Masma, á marxe dereita, e delimitada pola costa cantábrica.

Esta praia debe o seu nome ós sacrificios que, en tempos remotos, e como ofrenda ós deuses, se levaban a cabo na gran pena que se atopa no seu centro, a poucos metros das súas areas. Esta illa, denominada “Pena de Altar”, é accesible en baixamar, obténdose desde a mesma unha perspectiva inusual dos arredores.

Na superficie que media entre a praia e a desembocadura do río Masma, podemos disfrutar dunha ampla superficie de dunas.

Imaxes: 
Vista da praia de Altar
Vista da praia de Altar
Vista da praia de Altar
Vista da praia de Altar
Vista da praia de Altar
Vista da praia de Altar
Vista da praia de Altar
Vista da praia de Altar
Vista da praia de Altar
Vista da praia de Altar
Vista da praia de Altar
Vista da praia de Altar

Praia de San Bartolo

Cando a marea chega ó seu cénit, este areal convértese nunha cala pouco transitada e ó seu amparo teñen florecido as crestas rochosas. Ten unha lonxitude de 155 metros e a súa anchura oscila entre 17 e 65 metros.

Nela encontramos, xusto ó final das escaleiras polas que descendemos, os restos do que noutro tempo foi unha fonte ferruxinosa, e que a día de hoxe está bastante deteriorada.

Esta praia ten a meritoria fama de que entre as súas areas se poden encontrar “bíteres” con suma facilidade.

O 24 de agosto celébrase a festa na honra a San Bartolo, na capela ubicada na contorna desta praia e á que debe o seu nome.

Imaxes: 
Praia de San Bartolo
Praia de San Bartolo
Praia de San Bartolo
Praia de San Bartolo

Praia de Acantilado-Remior

Esta praia pertence á parroquia de San Cosme. Consta de 800 metros de lonxitude e a súa anchura oscila entre os 28 e os 110 metros. No seu brazo esquerdo atópanse as rochas que a separan da praia de San Bartolo. Dispón dunha área recreativa con fonte de auga potable.

Desde este lugar, ata a praia de A Rapadoira, no municipio de Foz, exténdese a Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) ría de Foz-Masma.

Esta praia ben merece un repousado paseo de principio a fin examinando as súas areas na busca dalgún “bítere”.

Imaxes: 
Praia de Remior

Praia de Coto

Atópase contigua á praia de Remior, delimitadas pola coñecida “Pena da Salsa”, onde ían bañarse as mulleres como praia exclusiva para elas entre os anos 1920 e 1930.

É unha magnífica praia de extensas areas brancas, con case 2 km de lonxitude e 60 metros de ancho, con acceso para discapacitados.

Hai anos fíxose unha actuación medioambiental que supuxo, unha vez derruídas as edificacións existentes, a recuperación de máis de 100.000 metros cadrados de dunas protexidas, que confiren unha cualidade parda e dorada á contorna.

Nesta praia, atópase unha tumba medieval antropomorfa labrada a man nunha das rochas do areal. A esta peza funeraria atribúeselle a calificación de único enterramento medieval mariño conservado.

Imaxes: 
Praia de Coto
Praia de Coto
Praia de Coto
Praia de Coto
Praia de Coto
Praia de Coto
Praia de Coto

Praia de Fontela - Balea

Pertencente á parroquia de San Pedro de Benquerencia, conta con cerca de 1000 metros de longo e unha anchura que oscila entre os 45 e os 160 metros.

Camiñando a través das súas areas atopámonos cunha orografía salpicada de intensas formacións acantiladas que se atopan fracturadas entre si, sendo a maior singularidade, a coñecida como “Pena do Castro”, na que estaba situado un milenario castro e do que, a día de hoxe, case non quedan pegadas.

Ao igual que a praia de Lóngara, posúe boas condicións para practicar surf.

Imaxes: 
Praia de Fontela - Balea
Praia de Fontela - Balea
Praia de Fontela - Balea
Praia de Fontela - Balea
Praia de Fontela - Balea
Praia de Fontela - Balea

Praia de Lóngara

Esta praia, que pertence á parroquia de San Pedro de Benquerencia, ten unha extensión aproximada de 800 metros de lonxitude de areal e unha anchura que oscila entre os 30 e os 160 metros. A ambos extremos da mesma atópanse sendas formacións rochosas, de gran beleza, modeladas ó longo dos milenios polo empuxe das ondas.

A baixamar permite contemplar unha das formacións rochosas máis singulares desta praia, a coñecida como "Pena do Elefante", denominada así por semellar a forma deste paquidermo.

A axitada hidrodinámica desta praia convértea en idónea para a práctica do surf, polo que é habitual ver a persoas disfrutando deste deporte.

Imaxes: 
Praia de Lóngara
Praia de Lóngara
Praia de Lóngara
Praia de Lóngara

Praia da Pasada

Situada na parroquia de San Miguel de Reinante, preséntase como unha cala de 290 metros de lonxitude e unha anchura que oscila entre os 40 e os 150 metros, dependendo da marea.

Este areal está protexido entre os acantilados que o estreitan e coa marea baixa revela suxerentes formacións rochosas mentres que en pleamar, a cala resulta dividida en tres partes. A media tarde, coa caída do disco solar, as sombras modifican o rostro da praia, creando a atmósfera perfecta para camiñala.

Posúe un fácil acceso, con escaleiras e rampla, así como todos os servizos. Xunto coa praia contigua de Arealonga, está declarada como Lugar de Interese Comunitario (LIC).

Imaxes: 
Praia da Pasada

Praia de Arealonga

Raiando coa praia das Catedrais, entre as parroquias de Reinante e San Miguel, é a primeira praia que se encontra o viaxeiro que se encamiñe desde Ribadeo. Posúe unha considerable extensión, con máis dun quilómetro de area, de aí o seu nome “Arealonga”.

Contrastan coa lingua de praia as súas características dunas, rodeándoa e conferíndolle unha orografía singular.

Ben dotada de servizos, dispón de lugares próximos onde comer e durmir.

A través do paseo marítimo que serve de unión coa praia da Pasada, podemos apreciar os restos dun castro pre-romano.

O día da festividade de Santiago Apóstol, o 25 de xullo, celébrase nesta praia o Concurso Internacional de Castelos na area.

Imaxes: 
Praia de Arealonga
Praia de Arealonga
Praia de Arealonga
Praia de Arealonga
Praia de Arealonga
Praia de Arealonga
Praia de Arealonga
Praia de Arealonga
bitere.jpg

 

Bítere

O Bítere é un opérculo plano, con forma de orella (ovalado), de entre 10 e 20 milímetros, de cor branca por unha das súas caras e de cor alaranxada pola outra. Pódese atopar nalgunhas praias de Barreiros como as de San Bartolo, Remior ou Coto, entre outras.

bitere.jpg

 

Procede das augas abisais, e sobre el recae unha lenda que conta que aquela persoa que o encontre terá un ano colmado de amor e sorte. Tamén se di que, se se garda na carteira, traerá fortuna para quen así o porte. Hoxe en día, é moi habitual utilizalo como abalorio en colares, pendentes, aneis e pulseiras.

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte