Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
No día de hoxe a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) publica no DOGA a convocatoria para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial que terá lugar na Aula Cemit Barreiros a última semana de novembro.
Resumo dos puntos principais da convocatoria:
- Prazo de inscrición: desde o 29 de maio ó 4 de xuño, inclusive. na web https://cemit.xunta.gal
- Duración curso na modalidade teleformación: do 1 de setembro ó 22 de novembro. (190 horas).
- Exame presencial na Aula Cemit Barreiros: Última semana de novembro 2020.
- Número de prazas: 180
Enlace a publicación no DOGA https://bit.ly/2B75XHD