Do 14 de xullo ao 8 de setembro o bus cultural de Barreiros realizará diversas rutas polo concello, sobre todo polo interior, que é o gran descoñecido. A iniciativa, que chega ao seu terceiro verán, foi presentada hoxe.
Aínda non se creou contido para a páxina principal.
Do 14 de xullo ao 8 de setembro o bus cultural de Barreiros realizará diversas rutas polo concello, sobre todo polo interior, que é o gran descoñecido. A iniciativa, que chega ao seu terceiro verán, foi presentada hoxe.
O Concello de Barreiros aprobou en pleno solicitar unha subvención para realizar obras de mellora na cuberta do consistorio. Os traballos terán un custe de 66.000 euros.
O alcalde salientou que lle suporá un aforro de 30 a 60.000 euros ao ano en gastos de mantemento ás arcas municipais.
O Concello de Barreiros, a través da Delegación de Medio Ambiente, organiza a Romería de Santo Estevo do Ermo, que se celebrará o vindeiro sábado, 7 de xullo.
Barreiros acolle o vindeiro domingo, 8 de xullo, unha actividade de promoción da lingua galega para a que contará coa presenza de Os Bolechas.
O Concello coloca e estrea estes días nas praias do municipio unha serie de carteis advertindo de posibles desprendementos nos cantís, outros con recomendacións para protexerse do sol e informando da presenza de algas, “que non son lixo e son necesarias para manter o ciclo vital dos areais”, segundo subliñou o alcalde.