Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
BANDO
Debido a unha avaría producida na Estación de Tratamento de Auga Potable en data 6 de agosto de 2021, produciuse un descenso nos niveis dos depósitos de almacenamento de auga potable.
O importante consumo existente en Barreiros nestes momentos, nos que a poboación flotante está xa moi por riba do habitual e o sobredimensionamento dos servizos existentes, impide unha correcta recuperación deses niveis, o que provoca restricións no abastecemento de auga á poboación.
Co fin de garantir o abastecemento para as necesidades básicas de persoas, animais e funcionamento de negocios e empresas, QUEDA PROHIBIDA, ata novo aviso, a utilización da auga potable da traída municipal para usos non prioritarios como regos de xardíns (quedan exceptuadas as plantacións de alimentos), enchido de piscinas ou similares, limpezas de vehículos ou espazos ao aire libre e calquera outro uso que non responda a necesidades básicas de persoas ou animais.