Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Éxito do concerto que onte, domingo, ofreceu no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en Barreiros, o cantautor galego Manolo Couto. No espectáculo musical o tamén humorista e intérprete presentou o que é o seu cuarto disco e que leva por título "Tesouros Ocultos", un traballo composto por famosos clásicos do vinilo como Os Panchos ou Pucho Boedo, e composicións do propio Manolo Couto con denuncia de temas de actualidade tales como o maltrato ou os incendios forestais.