Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A BIBLIOTECA PUBLICA MUNICIPAL DE BARREIROS convoca o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2021 ( Fase Local), de acordo coas seguintes bases:
BASES:
1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:
- A) NARRACIÓNS, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema:
“ O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. ( Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.)”
- B) DEBUXOS, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema:
“ O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. ( Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.)”
2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a ordenador ou a man; neste ultimo caso sempre a bolígrafo e nunca a lápis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.
3.- Establecense 3 categorias:
CATEGORÍA A: ata 8 anos
CATEGORÍA B: de 9 a 11 anos
CATEGORÍA C: de 12 a 16 anos
4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 7 de maio , debendo de ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA MUNICIPAL ou nos COLEXIOS DO CONCELLO.
5.- O xurado , formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoria un máximo de tres traballos.
6.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
7.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Publica de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
>>Descarga aquí a folla de inscrición
ORGANIZAN E COLABORAN:
BIBLIOTECA PROVINCIAL DE LUGO
CONSELLERIA CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE DA XUNTA DE GALICIA
CONCELLO DE BARREIROS - BIBLIOTECA PUBLICA MUNICIPA
RESUMO DO ARTIGO 31 CONVENCION SOBRE OS DEREITOS DO NENO
1.- Os Estados Partes, recoñecen o dereito do neno/a ao descanso e ao esparcemento, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade, e a participar libremente na vida cultural, e nas artes.