Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros pon en coñecemento da veciñanza que a Consellería de Política Social acaba de convocar “AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS CON PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA OU CON DISCAPACIDADE A TRAVÉS DO RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIDADORAS”.
Aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 30 DE SETEMBRO DE 2021
Para máis información, así como para a tramitación das solicitudes, poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais do Concello, mediante cita previa no teléfono 982317143 ou no 982124002.