Concluíu a peregrinación a Compostela, que durante nove sábados realizaron un grupo de 45 veciños e veciñas de Barreiros. Neste 2016 elixiron o Camiño Primitivo desde Fonsagrada ata Santiago.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “fixemos un total de 5 quilómetros, os que separan o Monte do Gozo da Catedral de Santiago. Aos 45 peregrinos que fixemos o Camiño uníronse familiares e outros veciños, en total 90 persoas, que realizamos xuntos este treito do Camiño”.