BARREIROS ACOLLERÁ UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE A PRAGA DA COUZA DA PATACA O DÍA 22 DE FEBREIRO. O ACTO, ORGANIZADO POLA XUNTA, TERÁ LUGAR EN SAN XUSTO.
Barreiros acollerá unha das charlas informativas organizadas pola Xunta sobre a praga da couza da pataca. Esta sesión informativa, na que intervirán técnicos de Medio Rural, terá lugar o día 22 deste mes ás 19:00 horas no local do campo da festa de San Xusto.