Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Publicada a convocatoria do proceso selectivo para dous postos de traballo de peón medioambiental e un posto de albanel para a tempada de verán 2020
A día 04 de xuño de 2020, publícanse no BOP Lugo a convocatoria para a contratación laboral temporal mediante o sistema de concurso, de dous (2) postos de traballo de peon medioambiental e un (1) posto de albanel.
- Os contratos terán unha duración de catro meses, vinculados á tempada de verán no concello de Barreiros.
- O prazo de presentación de instancias: DEZ DÍAS HÁBILES (dende o 05/06 ó 18/06 ámbos inclusive) a contar dende o seguinte ó da publicación deste anuncio (de 9:30 a 14:30 horas, no Rexistro xeral do concello de Barreiros- Rua Vila, 63, 27790, San Cosme de Barreiros), tamen poderán presentarse a través da sede electrónica municipal (barreiros.sedelectronica.es) e tamén se poderán remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015 segundo o establecido nas bases.
- As persoas interesadas en presentar presencialmente a documentación deberán chamar antes ó concello para solicitar cita para dita presentación. Tefl. Cita Previa 982.124.002
- As bases dos postos de selección estarán publicadas na seción de emprego da páxina web do concello www.concellodebarreiros.gal e no Taboleiro de anuncios do Concello.
DOCUMENTACIÓN DA CONVOCATORIA
- Bases peóns tempada verán 2020