Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Configúrase como o dereito subxectivo a unha prestación de natureza económica que garante un nivel mínimo de renda a quen se atope en situación de vulnerabilidade.
a) As persoas integrantes dunha unidade de convivencia.
b) As persoas de polo menos 23 anos e menores de 65 anos que viven soas, ou que, compartindo domicilio cunha unidade de convivencia nos supostos do artigo 6.2. c), non se integran na mesma, sempre que concorran as seguintes circunstancias:
Todas as persoas beneficiarias, estean ou non integradas nunha unidade de convivencia, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter residencia legal e efectiva en España e tela de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano inmediatamente anterior á data de presentación da solicitude.
b) Atoparse en situación de vulnerabilidade económica por carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes, nos termos establecidos.
c) Solicitar as pensións e prestacións vixentes ás que puidesen ter dereito, nos termos que se fixen regulamentariamente. Quedan exceptuados os salarios sociais, rendas mínimas de inserción ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas comunidades autónomas.
d) Se non están a traballar e son maiores de idade ou menores emancipados, figurar inscritas como demandantes de emprego, salvo nos supostos que se determinen regulamentariamente.
2. As persoas beneficiarias ás que se refire a letra b) de "beneficiarios" deberán vivir de forma independente durante polo menos tres anos antes da solicitude do IMV.
3. Cando as persoas beneficiarias formen parte dunha unidade de convivencia, esixirase que a mesma estea constituída durante polo menos o ano anterior á presentación da solicitude, de forma continuada.
A contía mensual da prestación de IMV que corresponde á persoa beneficiaria individual ou á unidade de convivencia virá determinada pola diferenza entre a contía da renda garantida e o conxunto de todas as rendas e ingresos da persoa beneficiaria ou dos membros que compoñen esa unidade de convivencia do exercicio anterior sempre que a contía resultante sexa igual ou superior a 10 euros mensuais.
Para o exercicio 2020, a contía anual de renda garantida no caso dunha persoa beneficiaria individual ascende a 5.538 euros. Para a determinación da contía aplicable ás unidades de convivencia, aplicarase a escala establecida no anexo I do Real Decreto-lei 20/2020 sobre a base da contía correspondente a unha persoa beneficiaria individual.
A percepción da prestación do IMV será incompatible coa percepción da asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo, sen discapacidade ou con discapacidade inferior ao 33 %, cando exista identidade de causantes ou beneficiarios desta, sen prexuízo da posibilidade de exercer o dereito de opción por unha delas.
Solicitude. O prazo para solicitar o IMV iníciase o luns 15 de xuño de 2020.
Irá acompañada da documentación necesaria para xustificar o cumprimento dos requisitos:
Preferentemente, na sede electrónica da Seguridade Social ou a través daqueles outras canles de comunicación telemática que o INSS teña habilitados para o efecto, sen prexuízo do que poida establecerse no marco dos convenios.
- Normativa: https://www.boe.es/eli/es/rdl/2020/05/29/20/con
- Guía de facilitación de acceso ás medidas no seguinte enlace: https://www.mscbs.gob.es/ssi/covid19/ingresoMinVital/home.htm
- Asistente virtual: https://revista.seg-social.es/2020/05/12/la-seguridad-social-pone-en-marcha-un-asistente-virtual-para-facilitar-la-busqueda-de-informacion-y-el-acceso-a-tramites-administrativos/
- Simulador: https://ingreso-minimo-vital.seg-social-innova.es/simulador
- Consultas frecuentes: http://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/FAQ/48581/42b9f3e8-8eea-4106-864e-2b5bdad27269
Teléfono de información gratuíto 900 20 22 22 en horario de 09:00 a 14:30 horas.