Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A medida abarca tamén o mobiliario urbano.
Barreiros, 03 de xullo 2020. No día de hoxe comezaron os traballos do plan de desinfección de parques infantís e mobiliario urbano do municipio.
A alcaldesa Ana Ermida informa desta medida e pide prudencia extrema para a súa utilización. “Dada a situación de rebrote do Covid-19 que se está a vivir na Mariña, a nosa recomendación é non utilizalos, e no caso de facelo, compre extremar as precaucións xa que o seu uso implica a utilización de elementos comunitarios”.
Para a desinfección, que se fará diaria seguindo as indicacións emitidas pola Xunta de Galicia, o Concello de Barreiros contratou persoal específico asumindo os gastos que isto conleva.