A Concellería de Igualdade do Concello de Barreiros presenta unha nova edición da Escola de familias para o ano 2026, un programa formativo que busca ofrecer ferramentas ás familias para abordar a educación afectivo-sexual e a prevención de violencias desde as idades máis temperás.
O Concello de Barreiros organiza un dos seus mercadiños estacionais que son sempre un éxito de xuntanza e participación. O mercadiño coincidirá co Día das Letras Galegas e haberá actividades para festexalo.
O club de lectura de Barreiros recibirá este sábado a visita do recoñecido escritor Lionel Rexes (afincado no Valadouro) nun encontro cerrado para os usuarios do club de lectura que terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros.
Comeza a conta atrás!!! O vindeiro mércores, 15 de abril, Barreiros converterase no epicentro do ciclismo internacional acollendo o final da 2ª etapa do O Gran Camiño 2026.
O pleno do Concello de Barreiros celebrado na noite de onte acordou por unanimidade das tres forzas dirixirse á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado para solicitar a financiación íntegra do Servizo de Axuda no Fogar, dacordo coa lei de dependencia.
O Concello de Barreiros, en colaboración coa Área de Mocidade da Deputación de Lugo, participa na posta en marcha do programa ConVive, promovido por APNED, con sede en Barreiros.