Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Autovía do Cantábrico
Santiago-San Sebastián
Liña Ferrol-Xixón
Diario a Lugo e A Coruña
O Concello de Barreiros está situado no norte da provincia de Lugo, na Comunidade Autónoma de Galicia. Pertence á comarca da Mariña Lucense, concretamente á Mariña Oriental.
Barreiros, que está situado a 90 quilómetros da capital da provincia, está situado á beira do mar Cantábrico, entre os municipios de Foz e Ribadeo, limitando no interior cos concellos de Lourenzá, Trabada e Ribadeo.
POR ESTRADA:
A-8: A autovía do Cantábrico que chega a San Sebastián. A Autovía do Cantábrio (A-8) é unha vía terrestre, de doble calzada e sentido, que se extende ao longo da costa cantábrica. Comeza en Bilbao, na unión da AP-8 coa AP-68 e acaba en Baamonde, onde se une á A-6, quedando Barreiros ó seu paso. A saída a Barreiros é a 524:
Nacional 634. A N-634 é unha vía terrestre que discurre entre San Sebastián e Santiago de Compostela ao longo de toda a costa cantábrica, pasando polo Concello de Barreiros. Esta estrada é de dobre sentido e a súa lonxitude é de algo máis de 730 quilómetros. Gran parte do seu percorrido discurre paralela á A-8.
POR TREN:
En tren pódese acceder a Barreiros por medio do ferrocarril de vía estreita (FEVE), liña Xixón - Ferrol.
POR AVIÓN:
Os aeroportos máis próximos a Barreiros son:
Lavacolla, en Santiago de Compostela, a 150 km.
Alvedro, na Coruña, a 135 km.
Ranón, en Avilés (Asturias), a 120 km.