Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES PARA O EMPREGO DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL NA TEMPADA 2022-2023 (OUTUBRO A XUÑO)
O Concello de Barreiros, mediante resolución, abre o prazo para solicitar o pavillón polideportivo municipal na tempada 2022-2023 (1 de outubro de 2022 a 30 de xuño de 2023)
O prazo para presentar as solicitudes é desde o 12 ao 23 de setembro, ámbolos dous inclusive. Durante este prazo os interesados deberán presentar nos rexistros municipais (presencial ou electrónico) a súa solicitude no modelo normalizado que se lles facilitará nas oficinas xerais e que tamén poderán obter na páxina web do Concello de Barreiros.
Documentos: Uso do pavillón polideportivo municipal
-----------------------------------
O Pavillón Municipal de Deportes, sito na parroquia de San Cosme, é unha das instalacións deportivas máis concorridas do municipio, xa que ó longo do ano acolle senón todas, a maioría das actividades que desenvolven as Escolas Deportivas de Barreiros.
Asemade, é moi habitual a organización de distintos eventos deportivos nestas instalacións, tales como partidos de fútbol sala ou maratóns de diversas modalidades deportivas.
Situación do Pavillón Municipal de Deportes: