Mañá terá lugar a segunda etapa da peregrinación entre Santiago e Fisterra-Muxía, que organiza o Concello de Barreiros. Será a comprendida entre Ponte Maceira e Vilaserio, que son un total de 19 quilómetros.
Barreiros está a ser escenario da rodaxe da curta O que medra por dentro, de Nacho Ozores. Un grupo de 20 persoas, entre equipo técnico e artístico, atópase desde hoxe e ata o domingo no municipio.
A Delegación de Cultura organiza varias actividades con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O día 13 de maio terá lugar unha representación do grupo de teatro O Bordelo, e o día 20 actuarán o Dúo Rosas e a Coral Polifónica de Barreiros.