A alcaldesa, Ana Ermida, acompañada dos concelleiros Dámaso Ratoeira e Dani Garcia, visitou hoxe as escavacións que se están realizando no Santo Estevo do Ermo, promovidas por Mariña Patrimonio e financiadas pola Vicepresidencia da Deputación.
Tras o parón do verán, o club de lectura da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barreiros, retoma a súa actividade cunha nova xuntanza este sábado, 20 de setembro, ás 12:00 horas na propia biblioteca.
O Concello de Barreiros despediu na mañá de onte a Hamdi, o neno saharauí que gozou dos meses de verán no municipio acollido por unha familia barreirense no marco do programa "Vacacións en Paz".
O Concello de Barreiros organiza unha nova actividade para a cativada, nesta ocasión propoñemos un interesante obradoiro de monicreques de papel e arte natural no que a imaxinación e a creatividade serán protagonistas.