O CONCELLO REBAIXARÁ O IBI ÁS EXPLOTACIÓNS AGROGANDEIRAS ATA UN 95%, SEGUNDO DEU A COÑECER O ALCALDE. O DE BARREIROS É O PRIMEIRO DA MARIÑA EN ADOPTAR ESTA DECISIÓN.
O Concello rebaixará o IBI ás explotacións agrogandeiras ata un 95%, segundo deu a coñecer o alcalde, Alfonso Fuente. O asunto someterase a aprobación nun pleno da Corporación Municipal, que se celebrará en maio. O de Barreiros é o primeiro da Mariña en adoptar esta decisión.