O alcalde, Alfonso Fuente, fai un balance positivo das visitas cursadas estes días polo presidente da Deputación e polo delegado territorial da Xunta en Lugo. O rexedor plantexoulle a Darío Campos a necesidade de arranxar algunhas estradas de titularidade provincial, como a da praia. Por outra banda, Alfonso Fuente falou con José Manuel Balseiro da situación da depuradora de Reinante. O alcalde está á espera de manter unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, para abordar esta problemática.