Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

Xabier Díaz, Lagharteiras e Traspielas, entre as primeiras confirmacións das III Xornadas Etnográficas da Mariña

Data de publicación: 
xoves, 8 Maio, 2025 - 11:11

Organizadas por Tecedeira, ofrecen programación do 30 de maio ao 1 de xuño no Concello de Barreiros, inaugurándose o 16 de maio cun concerto do Traspielas de Su Garrido Pombo, con motivo da celebración das letras.

A asociación Tecedeira anuncia o primeiro avance do programa das III Xornadas Etnográficas da Mariña (XEAM), que se celebrarán do 30 de maio ao 1 de xuño en Barreiros, consolidando este encontro como unha cita clave para a divulgación e posta en valor da cultural tradicional galega. A liña gráfica desta edición, presentada esta mañá nun acto no Concello de Barreiros, asínaa o artista mariñao DAViXiNO.

Nesta terceira edición, Xabier Díaz e Lagharteiras figuran como pratos fortes dun programa que achegará á veciñanza e visitantes a riqueza da nosa música e baile tradicional.

Xabier Díaz participará cun encontro titulado Metendo as mans na terra, no que afondará na súa experiencia nas recollidas de campo e no proceso de recreación musical a partir do repertorio tradicional.

Unha viaxe polas mil muiñeiras que nos permite comprender como as melodías transmitidas oralmente — especialmente polas mulleres— seguen vivas e renovadas no século XXI.

Lagharteiras, grupo de referencia no eido da música tradicional galega, leva desde 2007 traballando de forma ininterrompida na recompilación, conservación e posta en valor dos cantares, instrumentos e vestimentas tradicionais. As cantareiras presentarán unha actuación baseada na forza da voz e da percusión, ofrecendo unha reinterpretación auténtica do seu propio arquivo sonoro, froito de anos de investigación.

Como antesala das xornadas, o 16 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao cancioneiro popular, celebrarase na Praza do Concello de Barreiros o concerto Traspielas de Su Garrido Pombo, unha proposta audiovisual que, a partir de pezas tradicionais recollidas pola propia artista na súa aldea, combina música e imaxes para poñer en valor a memoria colectiva e a cultura popular do territorio.

As Xornadas Etnográficas da Mariña (XEAM), organizadas por Tecedeira coa colaboración nesta edición do Concello de Barreiros e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Área de Mocidade, ofrecerán ademais faladoiros, exposicións, mostra etnográfica, concertos e foliada con diversas agrupacións da Mariña, nun programa que será anunciado na súa totalidade nos vindeiros días.

O evento reafírmase como un espazo de encontro interxeracional, reflexión colectiva e celebración da cultura tradicional da Mariña e do conxunto de Galicia.

 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte