Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Operarios do Concello veñen de instalar unha marquesiña de madeira en Vilamartín Grande, que dará servizo ás nenas e aos nenos que teñen alí a súa parada de autobús e tamén aos peregrinos que necesiten descansar no seu percorrido cara os albergues de San Xusto ou Gondán, a través do Camiño Norte.
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, explicou que “desde hoxe temos instalada en Vilamartín Grande, no cruce coa estrada que vai a Trabada, ao seu paso polo Camiño Norte, unha nova marquesiña feita en madeira,. Xa antigamente había outra marquesiña nesta ubicación, realizada en chapa. Esta é moito máis ornamental e máis bonita, e vai dar servizo tanto aos estudantes que collen alí o bus como aos peregrinos que necesiten descansar nunha zona cuberta, dado que é o remate dunha costa bastante pronunciada e dende alí xa inician a baixada ata Gondán ou San Xusto, onde se atopan sendos albergues. Son melloras que se acometen no entorno do Camiño con esa dobre función”.