Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

“UN MAR DE DIVERSIDADE II” CHEGA AO CONCELLO DE BARREIROS NO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Data de publicación: 
venres, 28 Novembro, 2025 - 19:18

O mércores, 3 de decembro, o Concello de Barreiros acollerá o stand “Un mar de diversidade II”, unha proposta aberta á comunidade que invita á veciñanza a reflexionar sobre a diversidade e sobre a necesidade de avanzar cara a contornas máis accesibles.

O stand forma parte do proxecto educativo Un mar de diversidade, impulsado pola Asociación Guillem Veiga Iglesias, que nos últimos dous anos percorreu centros educativos da Mariña Lucense co obxectivo de fomentar o respecto, a empatía e o valor da diversidade desde idades temperás. Esta iniciativa puido desenvolverse grazas ao apoio do programa FEMPA da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a través do GALP A Mariña-Ortegal.

Nesta nova etapa, o proxecto da un paso máis e abre as súas portas á comunidade, saíndo a rúa e convidando a toda a veciñanza a mergullarse neste mar cheo de experiencias que favorecen a empatía, a reflexión e a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade.

O stand “Un mar de diversidade II” ofrecerá unha serie de pequenas experiencias interactivas, nas que as persoas visitantes poderán achegarse ao concepto de diversidade e experimentar, en primera persoa, algunhas das dificultades as que se enfrentan as persoas con discapacidade no seu día a día. A través destas dinámicas, preténdese poñer en valor as capacidades de todas as persoas, reflexionar sobre as barreiras que seguen existindo nas contornas e sensibilizar sobre a necesidade de espazos máis inclusivos que garantan a participación de todas as persoas.

Esta proposta representa unha pequena mostra do Obradoiro que a Asociación Guillem Veiga Iglesias desenvolve nos colexios da Mariña, onde nenas e nenos se mergullan nun mar simbólico que lles permite descubrir que a riqueza está nas diferenzas.
Dende o Concello de Barreiros convidámosvos a sumerxirvos neste mar que nos ofrece unha travesía pola empatía, o respecto e a inclusión.

  • Data: 3 de decembro
  • Lugar: Concello de Barreiros
  • Horario: 10:30 – 13:30

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte