Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Desde o Concello de Barreiros poñemos en marcha unha nova proposta a través do obradoiro de emprego que actualmente temos en Barreiros denominado “Máis emprego”.
Trátase de dous obradoiros meramente prácticos, ideais para aprender a elaborar xabóns artesanais e velas aromáticas naturais.
Os obradoiros desenvolveranse en dúas localizacións:
• Escolas de San Cosme -> comezo o 26 de xuño ás 10:30 h.
• Colexios vellos de San Miguel -> comezo o 27 de xuño ás 11:30 horas.
Cada taller constará de dúas xornadas, cunha duración aproximada de 1 hora por sesión.
As prazas son limitadas polo que, as persoas interesadas en asistir, deben anotarse previamente no Concello ou chamando ao 982.124.002.