Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
SEIS SERÁN AS BANDEIRAS AZUIS QUE LUCIRÁN AS PRAIAS BARREIRENSES NESTE 2016. A DE AREALONGA RECUPERA O DISTINTIVO, ALGO QUE SUBLIÑOU O ALCALDE, ALFONSO FUENTE.
O alcalde, Alfonso Fuente Parga, valora positivamente a concesión de seis bandeiras azuis a outras tantas praias deste concello. Os areais que recibiron este recoñecemento son As Pasadas, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, Arealonga e Fontela-Valea.
Alfonso Fuente dixo: “a verdade é que, como non podía ser doutra forma, satisfacción novamente en Barreiros por esas seis bandeiras azuis que nos veñen de conceder”.
O rexedor lembrou que “este ano decidimos non pedir a bandeira para a praia de Altar precisamente polo problema que xurdía coa práctica do kitesurf e do surf nesa praia. É unha praia que reúne todos os requisitos para a bandeira azul, aínda que temos ese pequeno inconveniente”.
Fuente Parga sinalou que “polo tanto aínda que os recoñecementos son seis podemos dicir que temos sete praias preparadas e que teñen unha calidade especial”.
O rexedor barreirense subliñou “o recoñecemento para esas seis praias e tamén destacar a bandeira azul de Arealonga, que despois de tanto como se incidiu nela, este ano os análises de auga e todo volveron dar ben. Polo tanto puido optar a ese galardón e volve izarse esa bandeira azul na praia de Arealonga”.