Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

ROMINA REIMONDO E ALEJANDRO VILLALBA COROANSE NO CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES +KMSBARREIROS

Data de publicación: 
mércores, 16 Novembro, 2022 - 18:11

O Concello de Barreiros fará entrega dos premios o domingo 27 de novembro.

Barreiros, 16 de novembro de 2022. Romina Reimondo e Alejandro Villalba proclamáronse gañadores do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros organizado polo Concello de Barreiros e que contou co apoio da área de deportes da Vicepresidencia da Deputación Provincial.

O 9 de xaneiro, coa Carreira Popular de Reis organizada polo Concello de Barreiros, daba comezo unha nova proposta da concellería de dinamización e participación veciñal que consistía en agrupar as 6 carreiras populares que se celebran no municipio dentro dun gran evento “dándolles así un maior apoio e difusión tendo en conta o gran esforzo que supón para as entidades organizadoras destes eventos e valorando as potencialidades que posúen” sinala Dani García, concelleiro de dinamización e participación veciñal.

Continuaba o 17 de abril coa Carreira Popular das Praias organizada pola asociación cultural e deportiva Praias de Comado.

A terceira proba do circuíto, a carreira popular Benquerencia Terra-Mar, tiña lugar o 6 de agosto e estaba organizada pola asociación deportiva Augas Santas de Barreiros.

En outubro chegaba a quenda das carreiras de montaña, concretamente da 1/2km Vertical e dos Trails Monte Comado que se celebraron na fin de semana do 15 e 16. Ambas organizadas pola asociación cultural e deportiva Praias de Comado.

A sexta, e derradeira proba do circuíto, a carreira popular Ao son do Masma, tivo lugar este pasado domingo en Celeiro de Mariñaos na se deron cita uns 200 atletas. Esta carreira estivo organizada polo colectivo cultural Ollomao.

Dani García, agradece a alta participación en cada unha das probas así como a deportividade e bo ambiente vivido. “Dar os meus parabéns a Romina e a Álex como gañadores das categorías absolutas nesta primeira edición do circuíto +KmsBarreiros, tamén quero estender os meus parabéns ao resto de gañadores/as das diferentes categorías os e as cales se poden consultar na web www.maiskmsbarreiros.gal”. O edil agradece tamén “o empeño e compromiso de todas as asociacións organizadoras, das entidades colaboradoras así como da asociación de voluntarios de Protección Civil de Barreiros que velan pola seguridade dos e das participantes.”

A entrega de premios; en total 700€ en metálico, así como un obsequio para cada atleta que participara en 4 ou máis probas, terá lugar o domingo 27 de novembro ás 11:00 h. no salón de actos da Casa do Concello de Barreiros.

Categorías:

  • Deportes
Otras noticias: 
ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR AS OFERTAS PARA A CUBERTA DO PAVILLÓN DE BARREIROS
RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS NAS EXPLOTACIÓNS
O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA OBRADOIROS DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR NOS DOUS CENTROS ESCOLARES
BARREIROS INICIA UN NOVO PROGRAMA DE APOIO ÁS FAMILIAS CON PERSOAS DEPENDENTES
BARREIROS CREARÁ DÚAS BIBLIOTECAS RURAIS NAS PARROQUIAS DO INTERIOR DO CONCELLO

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte