Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

PRESENTADAS AS ACTIVIDADES DO MERCADIÑO DE PRIMAVERA DE BARREIROS

Data de publicación: 
venres, 8 Maio, 2026 - 14:57

A alcaldesa, Ana Ermida e o concelleiro de dinamización e deputado provincial, Dani García presentaron as actividades que se levarán a cabo o domingo 17 de maio no mercadiño de primavera, que servirá tamén para festexar o Día das Letras Galegas.

A xornada comezará ás 11 horas coa apertura dos postos acompañado da actuación do grupo de gaitas da agrupación folclórica local O Arco da Vella. Seguidamente amenizará o mercadiño o grupo Os Mustélidos & Fran Zelop cun repertorio íntegro en lingua galega.

Como xa é habitual neste evento organizado polo Concello de Barreiros e que conta coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, realizarase unha degustación de elaboracións con razas autóctonas, que serán presentadas a vindeira semana. Todas as persoas que fagan algunha compra nos postos disporán dun vale para a desgustación.

Actividades variadas para todos os públicos

Durante a xornada realizaranse dous obradoiros relacionados coas flores e coas plantas. O primeiro deles, en xornada de mañá, será sobre os saberes tradicionais con plantas silvestres (melisa, caléndula e ortiga) no cal as persoas asistentes descubrirán como recoñecer estas plantas así como distintos usos prácticos e tradicionais que se realizan con elas e elaborarán distintas preparacións.

No segundo obradoiro, en xornada de tarde, elaborarase unha cápsula decorativa con flor seca. Os talleres serán de balde e para anotarse será preciso inscribirse previamente no rexistro do Concello a partir do vindeiro luns 11 de maio e terán unha capacidade máxima de 15 prazas con preferencia para xente empadroada en Barreiros.

Para a alcaldesa, Ana Ermida, “os mercadiños son unha xornada de encontro entre a veciñanza e que tratamos de organizar de maneira que todo o mundo poida participar en algunha das moitas actividades que se programan ao largo do día. Estamos moi orgullosos e orgullosas de que esta iniciativa sexa sempre un éxito de participación.”

Tamén en xornada de tarde os mais pequenos terán actividades de manualidades e contaremos co posto divulgativo Lambiscadas Científicas de Xuven Lab no cal se achega a ciencia ao público dun xeito próximo, dinámico e participativo. As persoas visitantes poderán coñecer máis sobre as carrachas a través dunha pequena presentación divulgativa centrada en que son, como actuar ante unha picadura e que medidas de prevención debemos adoptar.

Ademais, os máis pequenos poderán participar nunha actividade práctica de cromatografía, creando flores de cores mentres descobren conceptos científicos como as mesturas e a separación de pigmentos. No posto tamén estarán dispoñibles trípticos divulgativos sobre diferentes temáticas científicas e ambientais —como montes veciñais, velutinas ou superbacterias— co obxectivo de dar a coñecer este proxecto e ofrecer información ás asociacións ou entidades interesadas en solicitar futuras charlas e actividades divulgativas. Trátase dun proxecto financiado pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Para finalizar o mercadiño, o Coro Airiños do Mar de Barreiros deleitaranos cun repertorio especial do Día das Letras Galegas, antes do tradicional sorteo de cestas con produtos dos distintos postos.

“Facer partícipe destes mercadiños á xente de Barreiros e ver como en cada cita aumenta o interese da veciñanza por participar nas distintas actividades é sin dúbida moi gratificante” recalca o concelleiro de dinamización.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte