Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
PRESENTADA NO CONCELLO A FESTA DE PAPÁ NOEL, QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO SÁBADO, E NA QUE SE FARÁ UNHA RECOLLIDA PARA O BANCO DE ALIMENTOS. ALFONSO FUENTE SUBLIÑA QUE SE PRECISAN PRODUTOS PARA O ASEO PERSOAL, PAÑALES E LEITE.
Esta mañá presentouse no Concello a Festa de Papá Noel que se celebrará este sábado, 23 de decembro, no pavillón de San Cosme. Xunto ao alcalde, Alfonso Fuente, estiveron o primeiro tenente de alcalde e a traballadora social do Concello.
O rexedor fixo unha chamada á colaboración das veciñas e dos veciños de Barreiros xa que ese día se fará unha recollida para o Banco de Alimentos. Alfonso Fuente Parga declarou esta mañá que “todo o que se poida traer será benvido, pero o que necesitamos son produtos para o aseo persoal, pañales e leite. Iso é o que mais precisamos”.
A festa de Papá Noel, a festa de animación infantil, desenvolverase entre as 16:00 e as 19:00 horas.
Os nenos e nenas poderán participar en obradoiros, atraccións... Tamén gozarán dunha chocolatada e de gominolas. E haberá ambientación musical.