Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros organiza unha nova actividade para a cativada, nesta ocasión propoñemos un interesante obradoiro de monicreques de papel e arte natural no que a imaxinación e a creatividade serán protagonistas.
A actividade terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros o vindeiro 23 de setembro en horario de 16:00 a 17:30 horas.
Para participar será preciso facer inscrición previa xa que as prazas para este obradoiro son limitadas. Para anotar as vosas crianzas debedes facelo antes do 17 de setembro na propia biblioteca.
Con este tipo de talleres trátase de reforzar o desenrolo da motricidade fina así como de axudarlles a ser máis creativos/as. Tamén se fomentará o contacto e o respecto pola natureza ao empregar recursos que ela mesma nos brinda.
A xornada está enmarcada no programa ler conta moito da Xunta de Galicia. Un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas co que colaboran as entidades locais.