Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O TELECLUB DE SAN COSME AVANZA NA SÚA CONVERSIÓN COMO CENTRO ECONÓMICO E SOCIAL

Data de publicación: 
xoves, 27 Agosto, 2026 - 09:59

O goberno municipal comprobou o desenvolvemento das obras, que ascenden a 914.105,01 euros, coas que crearán unha planta de “coworking” e unha planta destinada a asociacións.

O goberno municipal de Barreiros, encabezado pola alcaldesa, Ana Ermida, e o concelleiro e deputado provincial, Dani García, achegáronse hoxe ata o Teleclub de San Cosme para comprobar de primeira man a evolución das obras de dito edificio.

Nestas primeiras semanas leváronse a cabo obras de demolición e comezouse co illamento da fachada dun edificio que acollerá espazos destinados a persoas autónomas e pequenas empresas que precisen dun local para a súa actividade, converténdose no primeiro lugar de traballo cooperativo do municipio. A alcaldesa, Ana Ermida, manifestou a “satisfacción de ver o avance das obras e a recuperación deste emblemático edificio para adaptalo ás necesidades actuais e darlle vida a San Cosme. Utilizar o patrimonio municipal para dinamizar economicamente o concello é prioritario para este goberno e o seu modelo de futuro para Barreiros.”

Ademais tamén acollerá na segunda planta, varios locais de distinta consideración para uso por parte de asociacións, “colaborando co asociacionismo de base para dotalo de espazos adecuados para os materiais e mesmo espazos para reunións.”

Ermida trasladou o agradecemento á Vicepresidencia da Deputación, representada por Dani García, que cunha aportación de máis de 500.000 euros, permite complementar o crédito obtido polo Concello a través do IGVS e levar a cabo “un dos proxectos máis ambiciosos a nivel local”.

Nas obras mantense tamén o espazo destinado a cafetería, que complementará así os servizos existentes, “recuperando ese lugar para a vida social como foi durante moitos anos referente en San Cosme. ”

“O teleclub de San Cosme é un símbolo para toda a parroquia que o construíu con aportacións veciñais e que criou varias xeracións sendo o centro social e cultural de referencia”, explica. “Por iso este proxecto é tan especial, porque se trata de recuperar un espazo do pobo para o pobo.” asegurou a rexedora.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
REMATADO O CURSO DE MANEXO DE SMARTPHONES IMPARTIDO NA AULA CEMIT DE BARREIROS
VILAMARTÍN GRANDE DISPÓN DUNHA NOVA MARQUESIÑA DE MADEIRA QUE DARÁ SERVIZO TANTO A ESTUDANTES QUE COLLEN O BUS COMO AOS PEREGRINOS DO CAMIÑO NORTE
O CONCELLO ORGANIZA O VINDEIRO 19 DE DECEMBRO UNHA FESTA DE NADAL DIRIXIDA ÁS NENAS E NENOS DO MUNICIPIO
Posta en marcha do novo portal web municipal

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 147
  • 148
  • 149
  • 150
  • 151
  • 152
  • 153
  • 154
  • 155

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte