Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O SUBDIRECTOR TÉCNICO DA EMPRESA PÚBLICA ESTATAL ACUAES VISITA AS INSTALACIÓNS DEPURADORAS DE BARREIROS

Data de publicación: 
sábado, 7 Xuño, 2025 - 10:37

A alcaldesa reunirase co xerente de Augas de Galicia para confirmar a participación da Xunta na financiación da nova depuradora de San Miguel.

A alcaldesa, Ana Ermida, acompañou xunto con membros do seu goberno, ao subdirector técnico de Acuaes; que visitou Barreiros para coñecer de primeira man o punto de partida para os traballos de construción da nova depuradora da EDAR de San Miguel.

Segundo trasladou a rexedora, a empresa pública xa analizou o proxecto redactado por Augas de Galicia no seu momento; concluíndo a necesidade de redacción dun novo documento que se adapte ás distintas normativas técnicas existentes, dado o tempo transcorrido desde a redacción do anterior.

Á espera dunha reunión que manterá a alcaldesa en Augas de Galicia nas vindeiras semanas para confirmar a participación da Xunta de Galicia, que tiña comprometido cando menos un 33% do proxecto, a entidade estatal avanza na elaboración de borradores de convenios e documentación que permita avanzar na construción da nova infraestrutura; con cuxa sinatura se comezaría cos trámites para a redacción do proxecto e a posterior execución.

O subdirector visitou as instalacións de San Miguel, Reinante e Sarxendez para analizar a posibilidade de eliminar as dúas últimas como depuradoras e convertelas en bombeos; baseándose en cuestións de rendemento e eficiencia. Tamén puido comprobar os terreos nos que se prevé o proxecto e para cuxa adquisición o Concello xa conta con partida orzamentaria.

A empresa pública dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica, formulará ao Concello de Barreiros unha proposta de financiación a 30 anos que permite a entrada doutras institucións para poder reducir a cantidade a afrontar desde o ente municipal.

Ana Ermida explicou que na reunión con Augas de Galicia “trasladaremos a oportunidade histórica que ten Barreiros de construír unha depuradora tras o esforzo realizado polo goberno municipal para obter unha fórmula de financiación viable que desencalla a situación na que leva tantos anos Barreiros.” A alcaldesa tamén explicou que “pediremos o compromiso da Xunta na participación da mesma; tendo en conta que fomos quen de buscar unha fórmula que nos permite construír unha EDAR tan necesaria e que coa proposta inicial que se trasladaba desde a Xunta era inviable para o Concello.”

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL
A AULA CEMIT DE BARREIROS ACOLLERÁ O EXAME COMDIX DE NIVEL INICIACIÓN
BARREIROS LANZA A LICITACIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO TELECLUB DE SAN COSME
BARREIROS INICIARÁ NESTE 2026 AS CONEXIÓNS PEONÍS E CICLABLES COAS PRAIAS

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte