Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Esta semana recibimos a visita de Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia, que puido comprobar en primeira persoa a situación dos cantís na zona do San Bartolo, para a que a Dirección General de Costas elaborou un estudo e o proxecto para garantir a seguridade na zona.
Na mesma xornada visitou tamén as obras que se están realizando na praia de Altar, coa mesma finalidade de garantir a seguridade do areal e a zona de paseo; aplicando solucións menos agresivas e tratando de minimizar o impacto.
Desde o Concello de Barreiros agradecemos a atención e a boa acollida amosada desde o primeiro momento para tratar de poñer solucións á situación e mellorar as infraestruturas no noso concello.