Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS PROXECTA A PELÍCULA “PREFIRO CONDENARME” DE MARGARITA LEDO DENTRO DA PROGRAMACIÓN ADICADA Á LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Data de publicación: 
xoves, 6 Novembro, 2025 - 12:21

O filme inclúese no VIII Ciclo de Cine e Mulleres Rurais organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

O Concello de Barreiros proxectará o domingo, 16 de novembro, a película “Prefiro Condenarme”, da cineasta galega Margarita Ledo Andión, dentro da programación municipal dedicada á loita contra a violencia machista.

O filme enmarcase  no VIII Ciclo de Cine e Mulleres Rurais que organiza o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e consta dunha selección de quince longametraxes e curtametraxes  que abordan a vida das mulleres rurais desde diversos ángulos de visión.

A proxección terá lugar ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de San Cosme. A película, estreada o pasado ano nas xornadas previas ao Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, é un documental dramático que relata a historia real de Sagrario Ribela Fra, mariscadora da ría de Ferrol e interpretada por si  mesma, que tivo que facer fronte a un xuízo por adulterio durante a ditadura franquista, a maiores da violencia e crueldade sufrida durante anos polo que era o seu marido.

A concelleira de Igualdade, Montse Porteiro, sinalou que “con esta proxección, desde o Concello de Barreiros, queremos aportar o noso gran de area na visibilización da loita das  mulleres galegas de clase traballadora pola liberdade e pola igualdade, ao tempo que manifestamos o total rexeitamento ás violencias contra as mulleres que sigue a exercer o patriarcado”.

Creación dun punto lila na Biblioteca Municipal de Barreiros e exposición  “Mulleres por Mulleres” no Centro Social de San Xusto.

Coincidindo co día internacional das bibliotecas, o pasado 24 de outubro foi inaugurado na biblioteca pública de Barreiros un punto lila coa doazón de libros sobre feminismo e loita contra as violencias machistas financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Con esta iniciativa preténdese sensibilizar a través da lectura e sementar o xerme que promova un cambio neste senso.

Tamén no  mes de outubro foi inaugurada no centro social de San Xusto a exposición “Mulleres por mulleres” que o ano pasado abriu a programación do 25 de novembro. Neste mesmo acto foi entregado un lote de libros  de temática feminista á biblioteca rural se San Xusto.

Lectura da declaración institucional  o martes 25 de novembro

A área de igualdade do goberno de Barreiros dará lectura á declaración institucional contra a violencia, contra quen maltrata e contra quen a nega ou a relativiza, o propio martes 25 de novembro ás 12 horas na Praza do Concello. Desde días previos pendurará do seu balcón a faixa da  campaña  á que estamos adheridas desde  o ano 2019, “ En Negro Contra as Violencias”.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte