Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS PRESENTA A SEGUNDA EDICIÓN DO CICLO DE CINE E MULLERES RURAIS

Data de publicación: 
martes, 20 Outubro, 2026 - 11:24

A iniciativa, organizada pola área de Igualdade a través do programa +Igualdade Barreiros  e promovida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, inclúe a proxección de tres filmes os días 25 de outubro, 8 de novembro e 15 de novembro.

Todas as sesións terán lugar no Centro Social de San Cosme ás 18:00 horas con entrada libre.

O Concello de Barreiros, a través da súa área de Igualdade e no marco do programa +Igualdade Barreiros, suma a súa voz por segundo ano consecutivo á celebración do Ciclo de Cine e Mulleres Rurais, unha iniciativa promovida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para visibilizar o papel fundamental da muller no medio rural.

Nesta segunda edición, o ciclo contará coa proxección de tres filmes que poñen a muller no centro da narrativa, abordando cuestións como o sacrificio, o amor, a resiliencia e, con frecuencia, a invisibilidade que historicamente sufriron as mulleres no ámbito rural.

Calendario de proxeccións

Todas as citas terán lugar no Centro Social de San Cosme ás 18:00 horas:

•   25 de outubro: La buena suerte, de Gracia Querejeta.

•   8 de novembro: La buena letra, de Celia Rico.

•   15 de novembro: La tierra negra, de Alberto Morais.

Aposta firme pola igualdade e a educación

A concelleira de Igualdade, Montse Porteiro, destacou a importancia de dar continuidade a iniciativas de consolidada calidade cultural e social: “Con este ciclo queremos poñer o foco na realidade das mulleres do noso rural, nas súas historias e nos seus retos. O cinema é unha ferramenta de sensibilización imprescindible para amosar realidades que moitas veces quedan na sombra e para xerar espazos de reflexión e comunidade”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, remarcou o compromiso do goberno local coa loita pola igualdade de xénero e contra as violencias machistas.

“A igualdade e a loita contra a violencia machista son eixos prioritarios e transversais para este Concello. Despregar a pancarta negra é un xesto imprescindible de lembranza e denuncia, pero tamén debemos actuar no día a día: a educación e a cultura son as nosas mellores ferramentas para erradicar as violencias machistas e construír unha sociedade máis xusta”, sinalou a rexedora.

Desde a área de Igualdade do Concello de Barreiros convídase a toda a veciñanza a acudir a estas sesións de cinema e participar nos debates e reflexións que xurdirán a partir das proxeccións.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
SERVIZOS SOCIAIS RECOLLE ALIMENTOS EN VARIOS PUNTOS PARA AS FAMILIAS MÁIS NECESITADAS DO MUNICIPIO E PON EN MARCHA, UN ANO MÁIS, A CAMPAÑA “UN NENO, UN XOGUETE”
REMATADO O CURSO DE MANEXO DE SMARTPHONES IMPARTIDO NA AULA CEMIT DE BARREIROS
VILAMARTÍN GRANDE DISPÓN DUNHA NOVA MARQUESIÑA DE MADEIRA QUE DARÁ SERVIZO TANTO A ESTUDANTES QUE COLLEN O BUS COMO AOS PEREGRINOS DO CAMIÑO NORTE
O CONCELLO ORGANIZA O VINDEIRO 19 DE DECEMBRO UNHA FESTA DE NADAL DIRIXIDA ÁS NENAS E NENOS DO MUNICIPIO
Posta en marcha do novo portal web municipal

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 150
  • 151
  • 152
  • 153
  • 154
  • 155
  • 156
  • 157
  • 158

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte