Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS PON EN MARCHA O PROXECTO «VIVIR O MAR» CUNHA CAMPAÑA INFORMATIVA E CON OBRADOIROS EDUCATIVOS NOS COLEXIOS DO MUNICIPIO

Data de publicación: 
venres, 16 Outubro, 2026 - 15:23

➤ Os obradoiros educativos daranse nos dous colexios do concello,  San Cosme e San Miguel de Reinante, e contarán coa presenza de destacados persoeiros da contorna que achegarán á rapazada a súa experiencia persoal nos seus traballos.

➤  O proxecto  conta cun orzamento 35.446,95 € e está financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura e pola Xunta de Galicia.

O Concello de Barreiros vén de poñer en marcha «Vivir o Mar: Produto Local e Deporte no Litoral de Barreiros», un proxecto que promove un modelo de benestar integral entre a poboación infantil e xuvenil do municipio, cunha campaña informativa e con obradoiros educativos nos colexios do municipio.

A parte da campaña informativo nas redes e na prensa, o Concello de Barreiros levará a cabo 8 obradoiros educativos que comezarán a semana que vén e que se desenvolverán nos dous centros educativos do concello, San Cosme e San Miguel de Reinante, con sesións didácticas dirixidas a sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da alimentación saudable e do deporte para ter unha vida sá. Ao primeiro obradoiro, o vindeiro luns 19 de outubro no Colexio San Cosme, asistirá a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida.

Os obradoiros combinarán contidos sobre alimentación saudable, actividade física e o coñecemento do litoral como espazo de benestar e de sostibilidade. Para o desenvolvemento das xornadas convidarase a persoeiros do municipio e da contorna que contarán a súa propia experiencia no seus eidos de traballos para que a rapazada entenda mellor a implicación da contorna e do máis próximo para acadar unha vida saudable e máis sostible co medio ambiente.

Persoeiros como a presidenta do Colectivo Gastronómico da Mariña, Tita Iglesias, o cociñeiro  Javier Montero ou a ximnasta rítmica e investigadora Candela Martínez Bobo intentarán achegar aos máis pequenos o mundo da cociña e a súa importancia na alimentación sá e equilibrada, ou a importancia da práctica deportiva e os seus valores para poder ter unha vida saudable.

Os obradoiros que xa están programados comezarán o luns 19 de outubro no colexio San Cosme, seguiranlle o mércores 21, o luns 26 e o martes 27 de outubro no colexio San Miguel de Reinante e rematarán o luns 2 de novembro, con sendas charlas no colexio de San Cosme e de San Miguel de Reinante, e contarán coa participación activa de Javier Montero e de Candela Martínez Bobo.

 

Outras actividades do proxecto

Ademáis dos obradoiros, o proxecto «Vivir o Mar» tamén organizará dous certames escolares sobre hábitos de vida saudable, uns concursos dirixido ao alumnado co obxectivo de fomentar a reflexión sobre a alimentación equilibrada, a práctica deportiva e a importancia do sector pesqueiro local. As propostas presentadas serán avaliadas e difundidas, promovendo a participación activa da comunidade educativa e a sensibilización das familias.

O proxecto inclúe tamén a participación na “Carreira das Praias”, en colaboración coa organización da proba, para a que se deseñará un percorrido adaptado á participación infantil e xuvenil, acompañado de sesións preparatorias da edición 2027 nos centros educativos. Esta actividade permitirá promover a práctica deportiva no litoral, reforzar os hábitos de vida saudables e fortalecer o vínculo das novas xeracións co medio mariño e coa identidade costeira do municipio.

 

Obxectivos de «Vivir o Mar»

O proxecto «Vivir o Mar» busca fomentar os hábitos de vida saudables a través do consumo de produtos pesqueiros locais e sostibles e da práctica de actividade física en contornas litorais. A iniciativa busca tamén reforzar a conexión das novas xeracións co mar, co territorio e coa identidade mariñeira.

Dende o Concello búcase con esta iniciativa  sensibilizar á infancia e á mocidade sobre a importancia dunha alimentación equilibrada baseada en produtos do mar de proximidade, para fomentar a práctica de actividade física e fortalecer o vínculo coa costa e coa cultura mariñeira, favorecendo a transmisión dos valores asociados ao sector pesqueiro, a paisaxe natural e ao desenvolvemento sostible do territorio.

As actividades ligadas ao proxecto «Vivir o mar» contan cun orzamento de 35.446,95 euros, financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e pola Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) galegos do FEMPA 2021-2027.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
PRESENTADA A V EDICIÓN DA MARCHA BTT AUGAS SANTAS
O CONCELLO DE BARREIROS LANZA UN CONCURSO PARA FOMENTAR O ESTILO DE VIDA SAUDABLE ENTRE OS ESCOLARES DENTRO DO PROXECTO «VIVIR O MAR»
ESTE DOMINGO CELÉBRASE A CARREIRA POPULAR “AO SON DO MASMA” EN BARREIROS QUE PECHA O CIRCUÍTO +KMSBARREIROS 2026
II CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO "CONCELLO DE BARREIROS"
BARREIROS PROMOVE A PRÁCTICA DEPORTIVA E OS HÁBITOS SAUDABLES NO ALUMNADO DO COLEXIO SAN MIGUEL DE REINANTE CUN OBRADOIRO DA XIMNASTA CANDELA MARTÍNEZ

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte