Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros xunto coas ANPAs dos CEIPs de San Cosme e de San Miguel organizan unha viaxe para o venres 27 de decembro a XuvenLugo dirixida a nenas e nenos de Barreiros.
A excursión inclúe a entrada e a viaxe de balde para as crianzas.
As persoas interesadas en anotar as súas crianzas na viaxe, teñen para formalizar a inscrición ata o xoves 26 de decembro nas oficinas xerais do Concello.
XuvenLugo é un espazo de ocio infantil e xuvenil situado dentro do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para pasar unha tarde moi divertida.
A saída do autobús será ás 15:00h. desde o Concello de Barreiros