Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UN PROGRAMA DE APOIO A PERSOAS COIDADORAS

Data de publicación: 
martes, 8 Novembro, 2022 - 09:42

O Concello de Barreiros xunto coa Asociación Española Contra o Cancro Da Mariña organiza o programa “Non te esquezas de ti”. Un programa dirixido a familiares e coidadores/as de persoas afectadas de cancro e outras enfermidades.

Afrontar un mal diagnóstico é unha experiencia difícil e moi complexa, no só para a persoa enferma senón tamén para a súa familia e os seus seres queridos.

Na maioría das ocasións, a familia e o entorno da persoa enferma representa o principal apoio para o paciente e é aquí, onde o coidado, se converte nunha tarefa nada doada e, ás veces, eses coidados conlevan unha sobrecarga física e emocional que desemboca nun desbordamento psicolóxico.

É por iso que, o Concello de Barreiros, a través da concellería de servizos sociais, aposta por achegar a Barreiros estes programas de apoio á persoa coidadora co fin de mellorar a súa calidade de vida. Tratar a importancia do coidado en familiares de persoas afectadas de cancro e outras enfermidades así como a creación dun espazo para compartir experiencias e reflexións para fomentar o autocoidado e poñer ao familiar no centro da atención psicosocial.

O programa conta de 3 sesións, unha por semana, cuxo inicio está previsto o luns 14 de novembro de 10:30 a 12:30 horas na Aula CeMIT de Barreiros.

As persoas interesadas en participar poden facelo previa inscrición nos servizos sociais do Concello de Barreiros (telf. 982.31.71.43).

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR AS OFERTAS PARA A CUBERTA DO PAVILLÓN DE BARREIROS
RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS NAS EXPLOTACIÓNS
O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA OBRADOIROS DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR NOS DOUS CENTROS ESCOLARES
BARREIROS INICIA UN NOVO PROGRAMA DE APOIO ÁS FAMILIAS CON PERSOAS DEPENDENTES
BARREIROS CREARÁ DÚAS BIBLIOTECAS RURAIS NAS PARROQUIAS DO INTERIOR DO CONCELLO

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte