Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
As obras foron realizadas para a mellora da rede de abastecemento municipal de auga potable na ETAP de A Barranca por un importe de 13.588,98 €, co seguinte desglose:
- OBRA: 11.633,73 €
- HONORARIOS TÉCNICOS: 1.955,25 €
A empresa que as executou foi Lincold Iberica, SL e as actuacións que se realizaron foron as seguintes:
1.- INSTALACIÓN DE SISTEMA DE CONTROL E DOSIFICACIÓN EN CONTINÚO.
2.- INSTALACIÓN SISTEMA DE TELEMETRIA.
3.- INSTALACIÓN SISTEMA DE PRECLORACIÓN.
A instalación destes sistemas complementan e melloran os existentes actualmente na ETAP, ademais de permitir poder ver en tempo real o estado de diferentes parámetros mediante a implementación de telemetría e monitoraxe asociada.
Estas adecuacións permiten aos operarios do servizo de augas controlar en tempo real o estado de todos os depósitos. Isto, ademais da anticipación ás avarías, permite un enorme aforro de combustible e beneficio ambiental, a xeración dunha gran cantidade de datos para estudos de consumos e grazas a iso poder realizar predicións.
As obras están financiadas pola Xunta de Galicia con 10.871,18 € e o resto financiouse con fondos propios municipais. Estas obras están financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020