Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros, un ano máis, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025 (Fase Local), co obxectivo de fomentar a creatividade e o uso da lingua galega entre a cativada do concello.
Baixo o lema “Ler con coñecemento”, convídase ás nenas e nenos a reflexionar, a través da escrita ou o debuxo, sobre o papel dos libros como ferramenta para aprender, investigar e descubrir o mundo que nos rodea.
Poderán participar todas as nenas e nenos de ata 16 anos, divididos nas seguintes categorías:
- Categoría A: ata 8 anos
- Categoría B: de 9 a 11 anos
- Categoría C: de 12 a 16 anos
O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 22 de maio, debendo de ser entregados na BIBLIOTECA MUNICIPAL ou nos COLEXIOS DO CONCELLO.
O xurado seleccionará ata tres traballos por modalidade e categoría. Os traballos gañadores nesta fase local participarán posteriormente na fase provincial, organizada pola Biblioteca Pública de Lugo e patrocinada pola Xunta de Galicia.
Máis información:
Bases do certame
Correo: cultura@concellodebarreiros.gal
Teléfono: 982.124.106