Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS ACOLLE A PRESENTACIÓN DA DELEGACIÓN NA MARIÑA DE AGAFI E UNHA CHARLA DIVULGATIVA SOBRE A FIBROMIALXIA

Data de publicación: 
luns, 14 Setembro, 2026 - 13:30

O obxectivo é visibilizar unha doenza crónica que afecta a un elevado número de persoas, maioritariamente mulleres, e achegar á comarca o labor de acompañamento e defensa da asociación.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 17 de setembro ás 20:00 horas nas escolas unitarias de San Cosme.

O Concello de Barreiros avanza no seu compromiso coa mellora da calidade de vida e a saúde da veciñanza coa presentación da nova delegación na comarca da Mariña da Asociación Galega de Fibromialxia (AGAFI). O evento terá lugar este xoves, 17 de setembro, ás 20:00 horas a carón do Concello nas escolas unitarias de San Cosme de Barreiros.

A creación desta delegación supón un paso importante para achegar á comarca o labor de AGAFI. Esta entidade traballa desde o ano 2000 na información, defensa e acompañamento das persoas afectadas por fibromialxia, dor e fatiga crónica, co obxectivo de ser unha ponte útil entre os afectados, as súas familias e o sistema sociosanitario. 

Durante o acto, a terapeuta ocupacional Lucía Moreda; especialista en afrontamento activo do dolor, insomnio e hábitos saudables, ofrecerá unha charla informativa titulada "¿Qué es la fibromialgia y su tratamiento?". O propósito é visibilizar unha doenza crónica que afecta a un elevado número de persoas, maioritariamente mulleres. 

A concelleira de Igualdade, Educación e Saúde Pública, Monse Porteiro, salientou a importancia de visibilizar as enfermidades cunha ollada feminista e transversal: "Desde o Concello apostamos firmemente pola información e a formación como ferramentas clave para coidar da nosa veciñanza. É fundamental incorporar a perspectiva de xénero na abordaxe das enfermidades para evitar prexuízos que se traduzan nun atraso no diagnóstico ou nun infradiagnóstico, algo, desgrazadamente, moi frecuente na fibromialxia. Coidar da saúde pública implica garantir que todas as persoas teñan acceso á información e a tratamentos axeitados." 

Pola súa banda, o alcalde accidental, Antonio Veiga, remarcou o papel das institucións locais no apoio ao benestar e á prevención: "Este Concello está totalmente volcado cos problemas de saúde que inciden no día a día e no desenvolvemento das nosas veciñas e veciños. As administracións públicas debemos ser un alicerce de apoio para potenciar a adopción de hábitos de vida saudables que axuden a previr a aparición de certas doenzas ou, no caso de que xa existan, a reducir ao máximo os seus efectos na vida cotiá. Queremos unha Barreiros máis saudable, consciente e solidaria." 

O acto está aberto á participación de persoas afectadas, familiares, profesionais da saúde e público en xeral. Ao remate da intervención e da presentación da nova estrutura de AGAFI na comarca, abrirase unha quenda de preguntas para resolver dúbidas e compartir experiencias.

 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BANDO ECLIPSE SOLAR
BARREIROS CLAUSURA UNHA NOVA EDICIÓN DO CAMPUS DE FÚTBOL DO CELTA DE VIGO
PRESENTADA A XII EDICIÓN DA 1/2 KM VERTICAL MONTE COMADO
COMUNICADO DO CONCELLO DE BARREIROS SOBRE O CUMPRIMENTO DA SENTENZA COA DEMOLICIÓN DE SEIS VIVENDAS EN LÓNGARA
A VOLTAS COS CONTOS ENCHERÁ DE ACTIVIDADES ESTE VERÁN AS PARROQUIAS DO INTERIOR DE BARREIROS

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte