Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS ACOLLE A CELEBRACIÓN DO IV CONSELLO ALIMENTARIO DO EO

Data de publicación: 
mércores, 18 Decembro, 2024 - 08:51

Celebrarase o xoves 19 de decembro nas Escolas de San Cosme e está financiado pola Área de Medio Rural da Deputación de Lugo.

 

O Concello de Barreiros acolle a celebración do IV Consello Alimentario do Eo que se celebrará o xoves 19 de decembro nas Escolas de San Cosme. Este evento está financiado pola Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, amósase orgullosa porque Barreiros fora elixido como sede para a celebración deste evento, “o que afonda na referencialidade do noso Concello neste ámbito e dá continuidade aos compromisos deste goberno na mellora da educación alimentaria que se lles está a dar ás nosas crianzas e na que somos un concello pioneiro.” A rexedora explica que “os obxectivos que comparten coa posta en marcha deste modelo son, a maiores de acadar un estado óptimo de saúde e desenvolvemento, actuar como axentes promotores de condutas saudables.”

Neste Consello Alimentario participarán numerosos axentes do territorio como gobernos locais, organizacións sociais e sindicais, grupos de desenvolvemento rural, mancomunidades, Deputación, centros escolares, centros de investigación etc., que fomentan uns sistemas alimentarios locais respectuosos co medio ambiente, sostibles, inclusivos, seguros e diversificados e que aseguran unha alimentación saudable, sostible e accesible ao conxunto da poboación, potenciando asemade o emprego local.

A concelleira de Igualdade, Educación e Saúde Pública, Montse Porteiro, explica que “será un acto eminentemente participativo co obxectivo de establecer conexións entre os sectores implicados, propoñer actuacións para mellorar o sistema alimentario local, promover o desenvolvemento da economía local e garantir o dereito á alimentación.” A través de 4 grupos de acción poderase participar activamente en ámbitos como a produción agroecolóxica, o consumo de proximidade, a cultura da alimentación ou a gobernanza participativa, temas nos que o Concello de Barreiros está involucrado desde o inicio deste goberno municipal.

O Consello Alimentario é un órgano consultivo e de participación que ten como obxectivo promover un sistema agroalimentario local sostible, saudable e xusto a partir dos compromisos que se recollen na Estratexia Alimentaria da Biorrexión do Río Eo 2022-2026 da cal somos parte. O goberno de Barreiros amosa así a súa implicación nas políticas dirixidas ás persoas e que inciden directamente na saúde comunitaria, participando activamente en todos os procesos desde a orixe do produto ata o último paso da elaboración dos alimentos con procedementos culinarios saudables.

A alcaldesa de Barreiros da a benvida a todas e todos os asistentes e deséxalles que esta xornada sexa satisfactoria tanto a nivel individual como colectivamente a maiores de marcar un antes e despois en aspectos de saúde e tamén no avance da igualdade e xustiza social.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS NAS EXPLOTACIÓNS
TEATRO NO CENTRO SOCIOCULTURAL PARA ESTE DOMINGO
NOVA EDICIÓN DO CAMPUS DO CELTA DE VIGO EN BARREIROS
O MERCADIÑO NA PRIMAVERA DE BARREIROS VOLVEU ENCHER UNHA EDICIÓN MÁIS A PRAZA DO CONCELLO
CAMPAMENTO DE VERÁN 2025

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte