Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Mercadiño na Primavera encherá de postos e actividades a Praza do Concello o vindeiro 19 de Maio. O horario será de 11 da mañá a 8 da tarde.
Neste mercadiño poderás atopar produtos, de calidade e proximidade en mais de 30 postos que encherán a praza de vida acompañados de actividades durante todo o día.
Durante os vindeiros días iremos contándovos quen nos vai acompañar nesta ocasión.
Para comezar, deixamos a info sobre as actuacións, financiadas con fondos propios e pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que amenizarán este evento:
ás 12:30 actuación do grupo Os mustélidos, que nos deleitarán coas súas versións.
á mesma hora comezarán as degustacións, de balde ata rematar existencias:
- Degustación de minihamburguesa de Porco Celta, a cargo das ganderías Celtagal e Cmf Celtaporc.
- Degustación de cerveza artesá Augas Santas Brew.
ás 16:00 será turno para o obradoiro de arte floral, con inscrición previa gratuita no telf: 982134400
ás 17:30 actuación especial para o público infantil de Pakolas
ás 19:45, xa para rematar o mercadiño procederemos ao sorteo dunha cesta de productos de postos do propio mercadiño. Por cada compra durante a xornada entregaranse papeletas para o sorteo que terán que ser depositadas na urna correspondente.
Ademais, volveremos contar durante toda a xornada co posto de libros solidarios cuxa recaudación será doada á asociación SOMOS Unidos por el cáncer, coa que o Concello de Barreiros colabora nesta ocasión.
A alcaldesa, Ana Ermida, convida a toda a veciñanza a visitar e mercar nos distintos postos do vindeiro domingo 19 de maio e a disfrutar das distintas actividades “variadas e para todos os gustos que complementan á perfección un mercadiño no que os postos de proximidade e calidade son os protagonistas dun evento que xa está consolidado na programación municipal”.