Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O sábado 27 de xuño inaugúrase no centro sociocultural de San Cosme a exposición "Miradas. Mulleres na arte", un proxecto de Elsa Martínez Vázquez que pon en valor o traballo e o talento das mulleres artistas que quedaron invisibilizadas ao longo da historia.
A mostra recolle 43 retratos de mulleres de diferentes disciplinas artísticas —pintoras, escultoras, escritoras e actrices— do século XVI ao XX, empregando técnicas como o acrílico, a acuarela, o collage, o lapis e a plastilina como innovación no xénero do retrato. Cada obra conta cunha ficha técnica con código QR para acceder a máis información sobre cada artista.
Obradoiro "Arte en Familia"
Coincidindo coa inauguración, celebrarase o obradoiro "Arte en Familia", unha proposta para aprender e imaxinar xuntos interpretando a obra dunha das artistas do proxecto mediante pintura acrílica. Está dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos, que deberán asistir acompañados dunha persoa adulta, preferiblemente os seus avós/as. Non é necesaria inscrición previa.
A inauguración terá lugar ás 10:30 horas e o obradoiro "Arte en Familia" desenvolverase de 11:00 a 13:00 horas. A exposición poderá visitarse ata o 30 de xullo de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.

