Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O 16 de XUÑO celebramos un día moi especial. O 16 de xuño do ano 2000 tiña lugar en Madrid a presentación do “Libro Branco”. Un fito na historia da atención á infancia no noso país. Nel definíase a Atención Temperá como "o conxunto de actuacións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á familia e á contorna, que ten por obxecto dar resposta, de forma o máis inmediata posible, ás necesidades que presentan os nenos e nenas con alteracións no desenvolvemento ou con risco de padecelas, e/ou ás súas familias”.
Esta definición presidiu a normativa que nos últimos vinte anos guiou o espallamento, en toda España, dunha extensa Rede de servizos e recursos, primeiro para as crianzas con discapacidades e despois para toda a primeira infancia que se atopa en situacións vulnerables.
A Rede de Atención Temperá é hoxe unha Rede extensa, aínda que insuficiente, non chega a todas as persoas que o necesitan, ou chega de forma precaria. Existen listas de agarda e zonas sen cobertura. O lugar de nacemento AÍNDA É un factor de desigualdade. Por iso, é preciso avanzarmos nun financiamento suficiente e nunha regulación básica común. E pór as bases para un sistema público que coide o desenvolvemento persoal de todas as crianzas desde o seu nacemento.
A Atención Temperá debería incluír a todos os nenos e nenas de 0 a 6 anos que presentan problemas e preocupacións evolutivas nalgún momento do seu desenvolvemento, o que representa un 10% da poboación infantil desa franxa de idade e suporía atender en España a 255.227 nenos e nenas. Hoxe en día en moitas ocasións, só se atenden as dificultades máis evidentes como os trastornos do espectro autista ou a parálise cerebral.
FAn falLa medios, FAN falLa invESTIMENTOS E Fan falla centros de atención temperá con equipos de profesionais moi cualificados para atender unHa etapa crítica da vida. Ao longo dos anos aprendemos, en España e en toda Europa, que a mellor definición da Atención Temperá pode quedar no baleiro se non se garanten a calidade, a utilidade dos servizos e o seu rendemento social.
Por todo isto, a Atención Temperá que se desenvolva a partir de hoxe deberá:
FACENDO AS COUSAS BEN, PRESTANDO SERVIZOS DE CALIDADE, A ATENCIÓN TEMPERÁ É A INVERSIÓN MÁIS RENDIBLE EN TERMOS DE RETORNO PERSOAL, DE SAÚDE, DE INCLUSIÓN SOCIAL, DE MELLORA EDUCATIVA E OPORTUNIDADE LABORAL. OS CARTOS INVERTIDOS EN ATENCIÓN TEMPERÁ MULTIPLÍCANSE.
A Federación Española de Asociacións de Profesionais da Atención Temperá é consciente dos enormes cambios que aconteceron no itinerario de 0 a 6 anos e da necesidade de pór as bases para implementar un sistema público universal de coidados no desenvolvemento no que Xunto aos Centros de DesENVOLVEMENTO Infantil E Atención TempErÁ ocupan un lugar fundamental os servizos sanitarios, os servizos educativos e os servizos sociais, numerosas entidades e as administracións públicas,
A todos convocamos para afrontar o reto que nos leve a ser un país de vangarda no coidado da saúde, a educación e o benestar de todos os nosos nenos e nenas.
A todos damos as grazas pola súa achega ao desenvolvemento da ATENCIÓN TEMPERÁ.
#AhoramáisTemprana
#AgoraMáisTemperá